Inicio  >  Sociedad  >  Ferias

Invitan á Xunta a participar nun cumio internacional de seguridade alimentaria en Dakar

redacción GECG - 17/1/2010

A Xunta de Galicia, a través do seu director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, acudirá como invitada o vindeiro 19 de xaneiro ao Cumio das Rexións do Mundo sobre Seguridade Alimentaria, que terá lugar en Dakar (Senegal) durante os días 18 e 19 deste mes. Concretamente, Gamallo participará na cuarta sesión temática do encontro, na que diversas rexións exporán exemplos de experiencias en cooperación en materia de seguridade alimentaria.

Neste sentido, o encargado das Relacións Exteriores do Goberno galego, centrarase en explicar o “Programa para a Formación da Pesca Artesanal en Centroamerica”, que o seu departamento xestiona e dirixe a través da Subdirección Xeral de Cooperación Galega. Esta iniciativa é unha ferramenta fundamental para garantizar a seguridade alimentaria do istmo centroamericano xa que realiza un planteamento sostible e de largo alcance, con accións de cooperación baseadas na protección dos recursos e no respeto na biodiversidade mariña. En definitiva, é un exemplo práctico e exitoso de estratexia de redución da pobreza ligada á seguridade alimentaria, tema central do encontro de Dakar.

As liñas de actuación do proxecto da Xunta de Galicia fundamentalmente son o reforzo institucional, o apoio aos pescadores artesanais e a formación de formadores. O seu obxetivo fundamental é elevar os niveles de capacitación e de formación do sector pesqueiro artesanal nesta area xeográfica, como estratexia sostible de apoio económico, social e mediambiental.

O cumio das Rexións do Mundo sobre Seguridade Alimentaria esta organizado pola FAO (Organización de Nacións Unidas sobre Agricultura e Alimentación), a Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa (CRPM) e o Goberno de Senegal. O seu obxectivo operativo é forxar alianzas entre rexións e entre rexións e donantes para a mellora da seguridade alimentaria mundial.

 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com