Inicio  >  Entrevistas

Xosé Crespo Iglesias, alcalde de Lalín, presenta en Vigo a cuadraxésimo segunda Feira do Cocido

José Crespo, alcalde de Lalín e Gran Comendador da Feira do Cocido: 'O turismo en Galicia ten este atractivo engadido que é o turismo gastronómico'

R.L./GECG - 14/1/2010
José Crespo, alcalde de Lalín e Gran Comendador da Feira do Cocido:
Xosé Crespo, alcalde de Lalín, onte no hotel Pazo Los Escudos, en Vigo. R.L.

Xosé Crespo Iglesias, alcalde de Lalín, presenta en Vigo a cuadraxésimo segunda Feira do Cocido. Alcalde e defensor da gastronomía, ve esta cita gastronómica anual como “un irmanamento” entre os distintos concellos que comporen a comarca do Deza e unha ocasión de vivir “unha das tradicións máis arraigadas que ten o pobo galego, a gastronomía. O turismo en Galicia ten este atractivo engadido que é o turismo gastronómico”, cree o impulsor desta cita gastronómica.

Para Crespo o turismo galego non se entende sen a gastronomía. “O feito de que se xunte a tradición gastronómica coa modernidade do que queremos vender, co cocido, unha icona da gastronomía de Galicia, non cabe dúbida é unha simbiose que beneficia a Lalín e a este prato galego”, explica.

Para os galegos, Xosé Crespo lembra que 42 anos celebrando a Feira do Cocido, no concello de Lalín, capital da comarca do Deza, e exaltando os productos autóctonos cos que se confecciona o cocido, especialmente os derivados do porco, é unha ocasión de fomentar tamén a Galicia moderna. Non só temos boa gastronomía senón que tamén no Deza facturamos o 15% do total da moda galega e temos un importante sector do aluminio. A xente que se achegue a Lalín poder mercar roupa, pode facer negocios, pode pasear por fermosas carballeiras e degustar o cocido. E resume que “o cocido para Lalín é a auténtico sinal de identidade do interior Galicia e Lalín.

O alcalde e Gran Comendador da Feira do Cocido destaca o gran número e variedade de actividades en torno a Feira. Este ano a novidade son os ‘cocidos do camiño’. “Pretendemos celebrar en Lalín unha xuntanza de expertos sobre variedades de cocidos por onde pasan os distintos camiños de Santiago. Así o cocido de Aveiro, Portugal, ou a ‘pota u feu’ francesa, entre outros, estarán representados neste ‘Congreso dos cocidos do Camiño’”.

Crespo cree que Lalín ao estar equidistante de todas as capitais de provincia unha distancia de unha hora por autoestrada é o quilómetro cero de Galicia. Así “ao ser o epicentro de Galicia queremos celebrar en Lalín actos para engrandecemento de toda Galicia, aproveitando que non estamos na periferia”.

Crespo sintetiza coa palabra “esperanza” o significado da cuadraxésimo segunda edición Feira do cocido que se vai celebrar o día 7 de decembro.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Festa do Cocido.
Novidades na Festa do Cocido.
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com