Inicio  >  Galicia  >  Laboral

A asociación de colegios profesionales de ingeniería en informática (CCII) márcase como obxectivo para 2010 a aprobación dos estatutos e a creación formal do consejo general

redacción GECG - 13/1/2010
A asociación de colegios profesionales de ingeniería en informática (CCII) márcase como obxectivo para 2010 a aprobación dos estatutos e a creación formal do consejo general
Nunha xuntanza recente, os colexios aprobaron o informe de xestión da asociación, na que se integra o CPEIG. REMITIDA.

A pasada fin de semana celebrouse en Madrid a asemblea da Asociación de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática (CCII), á que asistiron como representantes do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) o seu presidente, Fernando Suárez Lorenzo, e Juan Otero Pombo. No transcurso da xuntanza, quedou constituída a comisión xestora para a creación do Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática, que elaborará os estatutos do futuro Consejo.

O CCII márcase como obxectivo a cumprir no presente ano 2010 que o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio aprobe os estatutos e se constitúa formalmente o Consejo. Cómpre lembrar que coa Lei 20/2009 de creación do Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática, publicada no BOE o 5 de decembro, se deu un gran paso no recoñecemento de dita enxeñaría. Esa lei foi aprobada por unanimidade no Congreso e no Senado, despois de numerosas xuntanzas cos distintos grupos políticos. Nesta estratexia, foi fundamental o traballo realizado polo colexio galego.

Á parte doutros temas, na asemblea debateuse o informe de xestión do último ano, que foi aprobado por unanimidade dos colexios asistentes:  Asturias, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Euskadi, Estremadura, Galicia, Murcia e Valencia.

Directiva

O CPEIG é un dos colexios profesionais máis activos na defenda dos intereses dos seus colexiados.Con sede en Santiago de Compostela e con 300 asociados ata o momento, a directiva do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia constitúena: Fernando Suárez Lorenzo, presidente; Hernán Vila Pérez, vicepresidente; Juan Antonio Valiño García, secretario; María Pilar Dolores Quiñoá López, tesoureira; Ángel Fernández Gándara, vicesecretario; Xosé Antón Campos Silva, vicetesoureiro; Ramón Paz Buján, vogal 1; Miguel Ángel Molinero


Álvarez, vogal 2; Eva Marcos Doldán, vogal 3; e Francisco Bago Castro, vogal 4.

 

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com