Inicio  >  Galicia  >  Galicia exterior

O Alcalde de Montevideo, Ricardo Ehrlich, visita Santiago de Compostela para recibir o Premio de Cooperación Urbana

redacción GECG - 12/1/2010
O Alcalde de Montevideo, Ricardo Ehrlich, visita Santiago de Compostela para recibir o Premio de Cooperación Urbana
O Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto da sinatura do protocolo de aceptación da terceira edición do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana, creado e organizado polo Consorcio de Santiago. REMITIDA.

O Alcalde de Montevideo, Ricardo Ehrlich, recibiu de mans do seu homólogo, o Alcalde de Santiago e Presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana, dotado con 180.000 euros. O xurado do premio, que se reuniu o pasado novembro e estivo presidido polo arquitecto Xerardo Estévez, decidiu designar o proxecto Muralla Abierta, da Cidade Vella de Montevideo (Uruguay) como gañador entre un total de 29 proxectos presentados, pertencentes a 14 países latinoamericanos.

O Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana foi creado e organizado polo Consorcio de Santiago coa colaboración da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) do Ministerio de Asuntos Exteriores e a Dirección Xeral de Relacións Externas e coa Unión Europea da Xunta de Galicia

O xurado tivo en conta o impacto do proxecto na revitalización da zona, así como a relación entre o importe do premio (180.000 euros) e o orzamento de execución das obras (215.000 euros).

O proxecto Muralla Abierta permitirá poñer en valor un importante treito da muralla de época colonial española e incluíla nun novo espazo de convivencia conformado por unha praza cuberta e diferentes salas de usos culturais, tales como unha biblioteca, varias escolas-taller ou un anfiteatro. En definitiva, un novo espazo público no acceso norte ao casco histórico da capital uruguaya, unha das cidades con maior presenza galega de Sudamérica.

Muralla Abierta vai permitir o crecemento en materia de formación cultural da poboación, polo cal o novo espazo será un catalizador social e de reforzo da identidade da Cidade Vella de Montevideo. Así mesmo, o proxecto pon en valor vestixios da colonia española o que engadirá un novo atractivo na zona. Por último, o proxecto gañador incoporarase no circuíto turístico da Cidade Vella de Montevideo, como una estrutura flexible de encontro e intercambio cultural.

Os traballos permitirán recuperar un espazo hoxe degradado coa construcción dunha praza cuberta ao redor da cal dispoñeranse diferentes espazos de usos culturais que terán como telón de fondo treitos da antiga muralla. Está previsto que estes espazos de uso cultural alberguen, ademais dunha biblioteca, un taller de produción e ensino de monicreques, talleres-escola de danza histórica vinculadas á cultura afrodescendente e talleres-escola de formas musicais tradicionais como a murga, de clara identificación uruguaya.

Será, polo tanto, unha actuación de alto impacto social nun espazo emblemático como é a Cidade Vella de Montevideo.

Finalistas
O xurado do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana reunido en novembro decidiu ademais designar como finalistas os seguintes proxectos:

- Primeiro finalista: proxecto De la ciudad a la región, no complexo cultural San Martín na cidade de Azul, na provincia de Buenos Aires (Arxentina)

- Segundo finalista: proxecto Parque Bicentenario, na cidade de Medellín (Colombia)

- Terceiro finalista: proxecto Reanimación urbana de la Avenida del Puerto, de La Habana (Cuba)

O Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana pretende recoñecer e estimular iniciativas públicas de creación e recuperación de ámbitos de cohesión nas cidades históricas de América Latina a través da transformación e mellora de espazos urbanos. Dotado con 180.000 euros, o premio está a fomentar proxectos urbanos, tanto de nova creación como de remodelación, rehabilitación ou restauración, a desenvolver nas cidades históricas dos países latinoamericanos.

Dende a súa primeira convocatoria en 2007, xa se teñen presentado ao premio un total de 90 proxectos procedentes de practicamente a totalidade de países de América Latina.

 

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com