Inicio  >  Galicia  >  Laboral

A Xunta pide a revisión dos fondos asignados a Galicia en materia de emprego

redacción GECG - 12/1/2010

A Consellería de Traballo e Benestar solicitou hoxe a revisión da asignación de fondos que o Ministerio de Traballo concede cada ano ás comunidades autónomas en materia de emprego. Esta petición fíxoa esta mañá a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, a través dun escrito dirixido ao Ministerio. Este documento foi enviado ante a imposibilidade da directora xeral de trasladarse á reunión previa da Conferencia Sectorial de Emprego, celebrada hoxe en Madrid, á que non puido acudir pola cancelación do seu voo.

Neste senso, a Xunta reiterará esta petición durante a Conferencia Sectorial de Emprego, que terá lugar o próximo martes, día 19, marco no que desde o departamento autonómico expresará a súa disconformidade coa asignación dos fondos destinados a Galicia para o 2010 en materia de emprego, que ascenden a 247,3 millóns de euros. Pese a que esta cifra supón un incremento de máis de oito millóns con respecto ao ano 2009, porcentualmente Galicia queda por debaixo da media, xa que mentres na comunidade galega a subida é dun 3,4% a media nacional sitúase nun 6,6%.

O principal desaxuste ven determinado pola asignación que o Goberno central fai en concepto de custo por parado. Neste punto, Galicia ten un custo por parado superior á media ao igual que outras comunidades autónomas como Asturias ou Cantabria. Por iso, desde a Consellería de Traballo considérase lóxico que por este concepto se reciba menor contía que outras comunidades autónomas, pero vese inxusta a exclusión total e que unha comunidade como a galega reciba 0 euros dos 10 millóns destinados a esta apartado.

 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com