A Feira do Ocio, da Diversión e da Educación de Lugo non nota o momento de crise actual e mellora as cifras dos últimos certames feriais no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Actividades coma o Paintball, os karts, os obradoiros para todas as idades ou a tradicional zona de atraccións feriais achegaron ao Pazo a visitantes de toda Galicia durante 32 días de apertura.
Un ano máis Xuvenlugo, a Feira do Ocio, da Diversión e da Educación, que celebra no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, pechou as súas portas asinando un balance máis que satisfactorio: en 32 días de apertura recibiu a visita de máis de 21.000 persoas (a cifra definitiva calculamos que estará perto das 21.500, a falta de pechar definitivamente o día).
Esta cifra supera amplamente as espectativas da organización xa que debido ao momento de crise e de recesión e, sobre todo, vendo a tendencia nas últimas feiras celebradas durante o derradeiro trimestre de 2009 no Pazo lucense, tendencia na que o número de asistentes diminuía respecto doutros anos, debido a esto, non se contaba superar os 16.000-18.000 visitantes.
Entre os factores que fixeron posible este éxito se atopan as novas actividades e atraccións organizadas, onde destacan dúas zonas por riba de todo: a de multiaventura, una novidade este ano (karts, paintball, rocódromo, tirolina, minigolf) e a de obradoiros (globoflexia, maquillaxe, divermagic, e unha exitosa zona para pequenos de 0 a 3 anos), ambas coordinadas pola empresa Diversia, cuxa xerente Blanca Abel é lucense. Estas actividades, engadidas ás atraccións de feira máis tradicionais e a uns prezos moi económicos, propiciaron a afluencia comentada.
O periodo do 4 ao 8 de decembro, e as fins de semana de decembro e xaneiro concentraron as maiores afluencias de público. Destacar tamén que pola semana, e debido a oferta especial que existía para asociacións e concellos, recibironse as visitas organizadas de grupos de nenos provintes de concellos lucenses como Castro de Rei, Becerreá, Foz, Oural, O Corgo ou Outeiro de Rei, entre outros. Tamén destacar a visita de tres concellos da provincia de A Coruña: Frades, Ordes e As Pontes. A título anecdótico os xogadores do equipo infantil do Playas de Castellón, aproveitaron que xogaban na capital lucense para facer unha escapada ao Pazo de Feiras.
O éxito de Xuvenlugo foi posible gracias ao apoio e patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, a principal entidade colaboradora de dito evento, que é organizado integramente pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo. Asemende, colaborou tamén de xeito destacado a empresa de alimentación Gadis.
Coa clausura de Xuvenlugo da comezo no Pazo de Feiras o calendario feiral de 2010, no que xa se está a traballar dende hai meses. Un calendario que terá coma próxima cita a celebrar o tamén tradicional Salón da Oportunidade, Lugostock, que este ano terá lugar do 13 ao 16 de febreiro.