Inicio  >  Empresa  >  Laboral

Máis de 20.000 interinos na Xunta poderán elixir un destino que lles permita conciliar a vida familiar e laboral

redacción GECG - 7/1/2010

Un total de 20.675 integrantes das listas de persoal interino na Xunta de Galicia poderán elexir un ámbito territorial que lles permitirá ser citados e traballar máis cerca do seu lugar de residencia, co que poderán conciliar de mellor maneira a súa vida familiar e laboral.

A Dirección Xeral da Función Pública, unha vez estudadas diversas solitudes de cambio e en resposta á demanda sindical existente, ditou unha resolución –publicada recentemente no DOG- pola que modifica ámbitos en determinados corpos, escalas, grupos e categorías reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, e polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, co obxectivo de facilitar unha mellor conciliación da vida laboral e familiar.

O Decreto 37/2006, do 2 de marzo, regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Función Pública, mediante diferentes resolucións en distintos anos acordou a apertura de prazos de presentación de instancias para a elaboración das litas para o nomeamento deste tipo de persoal. As citadas resolucións establecían os límites territoriais para a cobertura de postos de traballo nas distintas listas. Con esta medida os aspirantes poderán elexir un ámbito para traballar máis preto do seu lugar de residencia.


 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com