Inicio  >  Galicia  >  Consumo

A Axenda dos Mercados, un instrumento para difundir e dar a coñecer estes establecementos vigueses

redacción GECG - 18/12/2009

A Axenda dos Mercados Municipais de Vigo, unha iniciativa que se enmarca na aposta polo pequeno e mediano comercio da cidade, repartirá 4.000 exemplares da axenda que serán distribuidos en todos os postos dos sete mercados municipais, para dotar aos vendedores dun “instrumento para difundir e dar a coñecer” estes establecementos municipais.

O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, explicou na presentación que a axenda recolle imaxes de todos os mercados  así como dos responsables dos postos, polo que ao seu xuízo tamén servirá “para que se coñezan entre eles”. Ademais, a publicación tamén inclúe consellos para seguir unha alimentacións saudable e 55 receitas baseadas en produtos que se poden adquirir nestes establecementos. A súa distribución nos mercados de Berbés, Bouzas, Cabral, Progreso, Teis e Travesas será gratuíta de forma que os propios vendedores e vendedoras poderán agasallar aos seus clientes.

“Esta iniciativa tivo moi boa acollida entre os vendedores segundo afirmaron os xerentes dos mercados”, dixo o tenente de alcalde. Santi Domínguez afirmou que esta proposta se suma ás axudas concedidas ás familias para fomentar o consumo así como as destinadas aos pequenos e medianos comercios para paliar as consecuencias da crise.

“A maior calidade do peixe, da carne e dos produtos do campo atópase nos mercados municipais, que ofrecen ademais unha atención directa e persoal”, salientou Santi Domínguez. Neste sentido destacou que estes establecementos xogan un papel fundamental na aposta que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio está levando a cabo a prol do pequeno e mediano comercio e que se materializa no Plan dos Mercados Municipais. Este proxecto prevé actuacións de modernizacións e mellora nas instalacións, entre as que se atopa a remodelación do mercado de O Progreso

Respecto á remodelación do mercado do Progreso, en resposta aos medios, explicou que o proxecto está en fase de elaboración e sinalou que durante o tempo que duren as obras, instalarase provisoriamente os postos na praza do Progreso.  No tocante á reforma de coñecida como rúa das Obras, indicou que a semana que vén “poderá estar rematada”, xa que se está finalizando a remodelación dos laterais.

O tenente de alcalde salientou que na aposta polo pequeño e mediano comercio de Vigo potenciar os mercados é un “obxectivo fundamental”, e para acadalo destacou a sú modernización e difusión. Neste sentido lembrou que as axudas para as familias  

 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com