Inicio  >  Empresa  >  Medio rural

CONAFE ratifica o laboratorio de Xenética Fontao como referente nacional na análise do ADN da frisona

redacción GECG - 17/12/2009
CONAFE ratifica o laboratorio de Xenética Fontao como referente nacional na análise do ADN da frisona
O centro de Esperante acada así unha nova distinción de calidade. XUNTA.

 A Confederación de Asociacións de Frisona Española (Conafe) e o Laboratorio de Xenética Molecular de Fontao, participado pola Consellería do Medio Rural, asinaron esta mañá en Esperante (Lugo) a renovación do convenio para a realización de análises de ácido desoxirribonucleico (ADN) en animais da raza bovina frisona en toda España. Desta maneira, coa renovación do acordo, o laboratorio con sé en Esperante convértese en centro referencial nacional para este tipo de probas.

Conafe e o Laboratorio de Xenética Molecular de Fontao estableceron no ano 2005 un convenio co obxectivo da realización de probas de ADN en animais inscritos no Libro Xenealóxico da Raza Bovina Frisona en España, con vistas á asignación/exclusión de paternidade e/ou maternidade, mediante a análise dun panel de 17 loci microsatélites aceptados internacionalmente pola Sociedade Internacional para a Xenética Animal (ISAG). Este é o organismo encargado a nivel mundial de coordinar os distintos laboratorios e estandarizar protocolos, nomenclaturas e selección de paneis de marcadores moleculares, que permitan que os resultados obtidos polos distintos membros sexan obxectivos e comparables.

Como resultado do traballo realizado no marco deste convenio, ao longo destes catro anos no Laboratorio de Xenética Fontao realizáronse máis de 17.000 probas de identificación xenética a animais desta raza bovina, pertencentes a 2.750 ganderías localizadas en toda España. A realización das devanditas probas e as que se planifican realizar no marco desde novo convenio hoxe asinado están a constituír un elemento fundamental na consecución dos obxectivos fixados pola Conafe, dentro do esquema de Selección y Mejora de la raza bovina frisona en toda España, esquema do que Galicia é parte ben senlleira.

Conafe é unha entidade de ámbito estatal integrada polas Asociacións e Federacións das Comunidades Autónomas, recoñecida oficialmente para a xestión do Libro Xenealóxico de esta raza bovina, segundo orde do -entón chamado- Ministerio de Agricultura. Os seus obxectivos principais teñen como denominador común o desenvolvemento de programas orientados á mellora e selección da Raza Frisona. A súa sé está en Valdemoro (Madrid).

Xenética Fontao S.A. é unha empresa dedicada á mellora xenética con sé en Fontao–Esperante (Lugo). Entre as súas unidades dispón dun Laboratorio de Xenética Molecular para a prestación de diferentes servizos baseados no emprego da biotecnoloxía do ADN nos campos da Sanidade e Produción Agropecuaria, que ten acadado numerosas distincións nacionais e internacionais de primeira orde pola excelencia do seu traballo.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com