Inicio  >  Sociedad  >  Cultura

O gañador recibirá 12.000 euros e a súa obra será publicada na colección de poesía ‘Arte de Trobar’

Xabier Rodríguez Baixeras gaña o VIII Premio de Poesía Caixanova coa obra ‘Deserto diamantino’

redacción GECG - 17/12/2009
Xabier Rodríguez Baixeras gaña o VIII Premio de Poesía Caixanova coa obra ‘Deserto diamantino’
Guillermo Brea, director da Obra Social Caixanova, e Luís González Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia, deron a coñecer o fallo esta mañá nun acto no que tamén estiveron presentes os outros membros do xurado cualificador: Anxo Tarrío, catedrático de Literatura Galega da USC; Luisa Castro, escritora; Ana Acuña, crítica literaria, e Carlos L. Bernárdez, crítico literario.

O escritor Xabier Rodríguez Baixeras gañou hoxe a oitava edición do Premio de Poesía Caixanova pola súa obra ‘Deserto diamantino’, presentada ao certame baixo o lema  ‘Areoura’. O certame, organizado pola entidade financeira e o Centro P.E.N. de Galicia, está dotado con 12.000 euros. Ademais, o poemario publicarase na colección ‘Arte de Trobar’.

Guillermo Brea, director da Obra Social Caixanova, e Luís González Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia, deron a coñecer o fallo esta mañá nun acto no que tamén estiveron presentes os outros membros do xurado cualificador: Anxo Tarrío, catedrático de Literatura Galega da USC; Luisa Castro, escritora; Ana Acuña, crítica literaria, e Carlos L. Bernárdez, crítico literario.

Tras unha deliberación que se prolongou dúas horas no Centro Social Caixanova da cidade olívica, o tribunal escolleu este poemario entre os 55 presentados a concurso. Entre outras razóns, salientou que a obra “retoma aspectos do mundo poético clásico, maxistralmente engarzados coa herdanza da linguaxe patrimonial”. Así mesmo, indicou que o texto “formula unha fonda reflexión desde a experiencia da madurez vital e literaria, apostando por unha revitalización da poesía estrófica e rimada, ao servizo dunha visión actual do mundo”.

A primeira edición deste galardón, celebrada no ano 2002, recaeu no poeta e crítico de arte coruñés, Xavier Seoane, por ‘Dársenas do ocaso’. No 2003 resultou gañadora María do Cebreiro con ‘Non deixes que o poema te coñeza’. No 2004 o premio foi para Román Raña por ‘As metamorfoses do túnel’. No 2005 impúxose Arcadio López-Casanova con ‘Herdo do canto’. Na edición do ano 2006, resultou premiada Marilar Aleixandre por ‘Mudanzas’, no 2007, Carlos Penela por ‘Sombras, rosas, sombras’ e en 2008 recaeu na obra de Luis Valle ‘A Caída’.

A novidade deste premio de poesía, un dos de maior dotación dos que se convocan en Galicia, estriba en que as obras seleccionadas pasan a publicarse na colección ‘Arte de Trobar’, editada polo P.E.N. e patrocinada por Caixanova, na que tamén se inclúen outros textos de destacados poetas en lingua galega. Neste sentido, esta mañá presentouse a última obra publicada na colección, dous volumes coa poesía completa de Xosé Carlos Gómez Alfaro.

O acto de entrega oficial do VIII Premio de Poesía Caixanova terá lugar a próxima primavera.

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com