Inicio  >  Empresa  >  Laboral

A Oferta de Emprego Público correspondente ao ano 2009 inclúe 937 prazas das que 167 son de nova creación

redacción GECG - 17/12/2009

O Consello da Xunta autorizou hoxe a Oferta de Emprego Público correspondente ao ano 2009. Feijóo explicou que a convocatoria inclúe 937 prazas das que 167 son de nova creación e o resto, de consolidación. “Cumprimos o obxectivo de buscar a austeridade e de incrementar o rendemento dos empregados públicos e só incluímos a taxa de reposición do 30% das vacantes”, engadiu.

O mandatario galego salientou outros acordos adoptados en materia de infraestruturas e vivenda, como as actuacións de renovación urbana nos concellos de Cartelle e Miño, e as obras de emerxencia de reparación de 42 vivendas de promoción pública na concello de Lugo. Así mesmo, Feijóo avanzou a aprobación dos trámites necesarios para a compra dos terreos nos que edificar 600 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, Vigo, un polígono residencial no que, segundo explicou o presidente galego, a Xunta leva investidos 40 millóns de euros. Ademais, e tamén no eido da vivenda, Núñez Feijóo destacou a decisión de investir 4,7 millóns de euros para financiar as axudas ao alugueiro no primeiro semestre do ano 2010, unhas subvencións que poden chegar ao 80% da renda.

O presidente galego explicou, por último, a decisión da Xunta de formular un requerimento de competencias ante o Goberno do Estado pola convocatoria de subvencións para a formación de mozos desempregados; ademais dun conflito positivo de competencias ante o Tribunal Constitucional pola concesión de subvencións do Goberno do Estado para a integración de inmigrantes. “Lamentamos abrir este tipo de conflitos pero a nosa obriga é defender con tanta intensidade a Constitución como un Estatuto constitucional como é o de Galicia”, remarcou Feijóo, quen destacou que nos primeiros 8 meses de Goberno, a Xunta plantexou 7 requerimentos ante o Goberno central. “O Goberno anterior, en catro anos, plantexou 13; os estatutos hai que defendemos con feitos, non só con palabras”, concluíu.
 

 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com