Inicio  >  Sociedad  >  Salud

Un total de 41 millóns destina o goberno galego para a segunda fase do Plan Director do hospital da Coruña

redacción GECG - 17/12/2009

O presidente da Xunta destacou os acordos adoptados en materia de sanidade, entre os que salientou a aprobación definitiva do investimento de 41 millóns de euros para acometer a segunda fase do Plan Director do Complexo Hospitalario da Coruña. Así, Feijóo explicou que esta segunda fase inclúe a intervención en 23.000 metros cadrados coa remodelación dos servizos centrais e xerais do hospital, ademais de multiplicar por catro a superficie de Urxencias.

“Creo que é unha boa nova para o sistema sanitario público galego que, nun ano de extraordinaria complexidade económica, esteamos construíndo dous novos hospitais, poñendo en marcha un terceiro, e iniciando a segunda fase do plan director doutro”, resumiu Núñez Feijóo, quen tamén destacou outros acordos tomados polo Consello da Xunta no eido sanitario: a licitación do contrato de mantemento integral do hospital Meixoeiro de Vigo, e a prórroga de dous concertos co hospital Juan Cardona de Ferrol e co Centro Oncolóxico da Coruña.

“Innovando dentro da innovación”
Feijóo anunciou que a Xunta investirá 5 millóns de euros para contratar a 50 profesionais destinados a outras tantas pemes co único obxectivo de “afondar na innovación, no desenvolvemento e na investigación”, sinalou. Trátase dun programa novo en España co que a Administración galega está “innovando dentro da innovación” e co que o presidente dixo estar “satisfeito” por este compromiso coa I+D+i.

“Acabamos de aprobar un orzamento austero onde non se recortan os investimentos en I+D+i, e acabamos de presentar un programa, que onte presentou o conselleiro de Economía e Industria, onde por primeira vez imos axudar ás empresas non só con diñeiro concreto para proxectos de investigación, senón con persoas formadas para que dentro de cada empresa se incremente o investimento en innovación e, sobre todo, a súa facturación por ser unha empresa que investiga, innova e desenvolve tecnoloxía”, precisou.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com