Inicio  >  Sociedad  >  Sociedad

A Deputación destina 70 mil euros en axudas a cinco asociacións sociais de Vigo, Cangas e Vilagarcía

redacción GECG - 17/12/2009

A Deputación de Pontevedra, seguindo a súa liña de axudas ás institucións que traballan en prol dos colectivos máis desfavorecidos, ven de conceder un total de 70.000 euros en subvencións a cinco asociacións sociais de Vigo, Cangas e Vilagarcía de Arousa. As asociacións beneficiadas con estas axudas son Aldeas Infantís, ASPAVI e San Francisco de Vigo, a Asociación de Caridade “Santiago Apóstolo” de Cangas e a Residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa.

No caso de Aldeas Infantís, o seu centro de día en Vigo dispón dun total de quince prazas e acolle a menores con idades comprendidas entre os 0 e os 18 anos, desenvolvendo con eles. A subvención da Deputación servirá para facer fronte ás obras de reforma exterior do centro.

ASPAVI, Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo que atende diariamente a máis de 30 persoas dos concellos limítrofes a Pazos de Borbén, onde traballa desde 2007, destinará a subvención a sufragar parte dos gastos de ampliación do seu Centro Asistencial, dado que necesita ampliar o número de prazas de beneficiarios e as instalacións.

A Asociación Galega San Francisco, que atende diariamente a un número moi elevado de persoas con discapacidade intelectual a través do seu Centro Residencial de Adultos, Centro de Atención Especializada de Adultos e Xuvenil e Centro Ocupacional empregará a súa axuda nos gastos de reparación, adaptación e equipamento destes catro centros asistenciais que ten na cidade de Vigo.

Pola súa banda, Asociación de Caridade Santiago Apóstolo de Cangas, que presentou algunhas deficiencias na última Inspección da Área de Persoas Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, a axuda servirá para acondicionar as instalacións do centro asistencial, onde se presta atención ás familias con escasos recursos económicos.

Por último, a Residencia Divina Pastora de Vilagarcía obtivo unha axuda provincial para sufragar os gastos de adaptación das habitación ás esixencias impostas pola normativa vixente.

 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com