Inicio  >  Sociedad  >  Agenda

30/12/2009 - 21.00
Estrea das obras gañadoras e premiadas do II Concurso de Composición de Bandas Populares, na Coruña

redacción GECG

A Federación Galega de Bandas de Música Populares actúa, o vindeiro mércores día 30 de decembro, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Trátase da estrea mundial e absoluta das obras gañadoras e premiadas do II Concurso de Composición. O concerto será ofrecido pola Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

O Concurso de Composición nace impulsado pola FGBMP e a Conselleria de Cultura e Turismo co fin de promover e potenciar o traballo dos novos compositores galegos e dinamizar e modernizar as influencias da cultura galega na cultura bandística. Dende a FGBMP queremos dar a coñecer tamén o traballo que o colectivo mozo realiza nas bandas de música pois contamos xa con 90 bandas e máis de 4500 músicos e músicas federadas. Proba da implicación da xuventude no noso colectivo é que este II Concurso de Composición foi gañado (en ámbalas  súas dúas seccións) por Antón Alcalde Rodríguez, rianxeiro de 17 anos. Os finalistas foron José Luís Represas, David Cuevas e Juan Eiras.

A banda ensaiará dende o día 27 no Auditorio Municipal de Valga.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com