Inicio  >  Sociedad  >  Ferias

Espacio Atlántico destina o 15% da recadación por venda de entradas á Fundación IgualArte

redacción GECG - 16/12/2009
Espacio Atlántico destina o 15% da recadación por venda de entradas á Fundación IgualArte
Marta Scarpellini, directora de Espacio Atlántico, Cristina Lago, presidenta de la Fundación IgualArte, Santiago Domínguez, teniente de alcalde del Concello de Vigo, Lucía Molares, delegada de la Xunta de Galicia en Vigo, y María Pereira, directora de Programación de Caixanova. A feira de arte contemporánea Espacio Atlántico realizará unha donación do 15% da venda de entradas a esta fin, apoiando esta importante iniciativa social en Vigo. REMITIDA.

A dirección de Espacio Atlántico donará o 15% da recaudación procedente da venda de entradas a unha organización benéfica viguesa, a Fundación IgualArte. Esta entidade, nacida en 2002, ten como obxectivo promover o desenvolvemento individual de persoas con discapacidades a través da arte, unha importante tarefa na que Espacio Atlántico quere implicarse.

IgualArte ofrece un espazo activo e integrador destinado a fomentar a creatividade. Para isto organiza numerosas actividades artísticas lúdicas e de aprendizaxe, potenciando o benestar persoal con necesidades educativas especiais. Todo isto vehicúlase a través da música, a plástica, a expresión corporal e teatral ou o baile, empregando os recursos dispoñibles na súa Fundación. Tamén iniciou unha liña de investigación de métodos e adaptacións curriculares en educación musical e artística para persoas con necesidades educativas especiais.
Un espírito que recolle plenamente Espacio Atlántico, que nesta edición se presenta baixo o eslogan “Ven escoitar o que os teus ollos queren contarche”, na procura de universalizar a arte, nunha invitación a gozar das obras que participarán alí con todos os sentidos, a escoitar coa mirada cando as palabras quedan cortas.

Espacio Atlántico Vigo 2010 
    
Na próxima edición da feira de arte contemporánea de Vigo, entre o 14 e o 17 de xaneiro de 2010, participarán un total de 53 galerías, unha selección que se fixo pública o 3 de decembro, entre as que están algunhas das galerías máis destacadas de España y Portugal. A estes 53 participantes haberá que sumar os que exporán nos ‘projects’, nos que se presenta a obra dun único artista, aínda que a súa selección non se fixo pública polo momento. Espacio Atlántico, baixo a dirección de Marta Scarpellini e coa dirección artística de David Barro, sitúase como a principal referencia feiral do noroeste peninsular.

A feira Espacio Atlántico está patrocinada polo Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, a Obra Social Caixanova e o Ministerio de Cultura.

 

 

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com