|
18/12/2009 - 20.00 Charla: 'O cine de animación con plastilina' cos realizadores Virginia Curiá e Tomás CondeNa galería tudense "Trisquel e Medulio" terá lugar a charla sobre cine de animación, "O cine de animación con plastilina" que ofrecerán os realizadores Virginia Curiá e Tomás Conde. No curso desta charla proxectarase a curtametraxe "O Soldadiño de Chumbo", premiada en varias mostras de cine de animación e da que son áutores ámbolos dous. No decurso desta charla, Tomás e Virginia, irannos debullando polo miudo os segredos desta tan laboriosa como valorada técnica, coñecida tamén como "Stop-Motion".
|
|
|
|