Inicio  >  Sociedad  >  Ferias

Rueda destaca que o ano 2010 será o da consolidación da nova orientación da Fundación Semana Verde

redacción GECG - 15/12/2009

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presidiu hoxe o Padroado da Fundación Semana Verde, no que se aprobaron o plan de actuación e os orzamentos para o vindeiro ano 2010, que segundo destacou, será o da consolidación da nova orientación da institución feiral.

O conselleiro explicou en declaracións aos medios de comunicación que no 2010 continuarase aplicando o novo rumbo e o novo modelo que comezou este ano na Fundación Semana Verde, rexido pola austeridade e a eficacia e no que o gran obxectivo seguirá sendo a dinamización dos sectores productivos galegos.

Alfonso Rueda recordou que unha das metas da Fundación Semana Verde é camiñar cara ao autofinanciamento e, nesa liña, o plan de actuación para o vindeiro ano recolle importantes iniciativas, como novos productos feirais rendibles e definidos; a renovación das feiras existentes; a modernización dos servizos e a aposta por novas áreas de negocio para unha explotación máis eficiente das instalacións.

Dentro destas grandes liñas, pasaranse das tres actividades feirais que houbo en 2008 a nove en 2010. Inclúense novas feiras como GrandAgro, Arco Verde-Galicia Ornamental ou Galiforest, así como a renovada Feira Semana Verde, multisectorial e aberta a todos os públicos, ou o feito de que a institución feiral pase a ser un auténtico Centro de Formación Profesional, con aproximadamente 20 cursos previstos o vindeiro ano.

Orzamento para 2010

Para garantir estas iniciativas, o Padroado da Fundación aprobou hoxe o seu orzamento para 2010, as primeiras contas que se aproban dende 2005, un feito no que fixo fincapé o conselleiro pola importancia que conleva.

O conselleiro de Presidencia explicou que, pese a estas baixadas nos gastos e o incremento dos ingresos, a Fundación aínda será deficitaria no 2010, polo que os patróns farán unha aportación de 900.000 euros, que compensarán sobradamente o déficit previsto e permitirán adicar parte dese montante a abordar melloras nos servizos que presta a institución feiral. O obxectivo é ir reducindo estas aportacións, que no 2009 foron de 1,1 millóns, ata que a Fundación se autofinancie nun prazo de aproximadamente catro anos.

 

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com