Inicio  >  Galicia  >  Consumo

Economía e Industria promociona a artesanía galega na feira de Bordeos

redacción GECG - 19/11/2009

A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, promociona a marca Artesanía de Galicia en Francia, a través da presenza do stand institucional no que viaxan doce artesáns dos eidos da xoiería, o coiro, o vidro, a olería e a elaboración de instrumentos musicais. Artesanía de Galicia participa por segundo ano consecutivo na feira de venda directa Cadeaux à p’Art, que se celebra en Bordeos do 20 ao 22 de novembro.

Os obradoiros que exporán e venderán as súas pezas en Bordeos, baixo a imaxe da marca, son os xoieiros A Feitura (A Coruña), Arela (A Guarda), Maysil (A Estrada), Plata Nativa (Sada), Odín Joyas (Bergondo) e Zimzelatum (Gondomar). Tamén relacionados co mundo da xoiería están os obradoiros de Marta Armada (Vigo), especializado na elaboración da xoiería con cerámica, e mais Rosa Méndez, que realiza xoias con vidro.

Mariam Cuero (Goiriz) exporá as súas pezas de marroquinería, Alfarería Lista (Malpica de Bergantiños) promocionará a artesanía tradicional e contemporánea que se realiza en Buño, Jürgen Bott (Pontevedra) exporá as súas pezas elaboradas con vidro soprado e o Obradoiro de percusión Sanín (Santiago de Compostela) complementará o stand cunha mostra de instrumentos musicais tradicionais.

Como noutras ocasións, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño subvenciona o 75% dos custes de aluguer de cada espazo individual, de montar os espazos positivos e de subministrar o mobiliario, do transporte e do seguro das pezas, ademais de lles proporcionar aos artesáns o apoio de dous profesionais que desenvolverán tarefas de tipo comercial e, ao mesmo tempo, actuarán como tradutores. Con este tipo de actuacións a Consellería pretende fomentar o establecemento de relacións entre os sectores artesanais de diferentes países que permitan abrir vías de comercialización e intercambios de comunicación e de formación entre os sectores artesanais de diferentes países, ao tempo que se reforza a presenza de Artesanía de Galicia como marca de prestixio e de referencia nos mercados internacionais.

A través da presenza do stand institucional en feiras de recoñecido prestixio internacional, como é o caso de Cadeaux à p’Art, a Consellería de Economía e Industria continúa coa súa campaña de apoio á promoción da marca Artesanía de Galicia e á introdución do produto artesán galego en diferentes mercados. A feira de Bordeos é unha das máis demandadas por parte dos artesáns galegos, posto que se trata dunha feira de venda directa especializada, onde se expoñen pezas de alta calidade. Cadeaux à p’Art está organizada por Ateliers d’Art, unha das federacións de artesáns máis importantes de Francia, coa que a Consellería de Economía e Industria xa ten colaborado noutras feiras.

 
Buscar en GECG
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com