Pechou as súas portas Celebra, o décimo Salón dos Actos Sociais que esta fin de semana se celebrou en Expourense de forma paralela ao Salón do Moble, Fogar, Decoración e Antigüidades e ao Salón Inmobiliario. Durante as dúas xornadas confluiron unha decena de sectores cuxo obxectivo principal é acadar o éxito na organización de eventos. Aínda que a restauración e o catering tiveron a maior representación xunto coa moda para cerimonias, a fotografía e o vídeo, as viaxes, a animación e espectáculos, as empresas de aluguer de vehículos, imprenta, florerías, perruquería ou medios de comunicación especializados na organización de eventos tamén tiveron o seu espazo.
A celebración conxunta de Celebra, Mi Casa e Salón Inmbobiliario na mesma fin de semana tivo unha boa acollida por parte do público e sobre todo, permitiu a presenza nas feiras de parellas novas. Durante os nove días de feira 13.000 persoas visitaron as instalacións de Expourense. Só nesta fin de semana, os Salón dos Actos Sociais atraxo 4.000 visitas.
Así, Juan Carlos Parada, presidente do Comité Organizador de Mi Casa e Salón Inmobiliario e 2º Vicepresidente da Cámara de Comercio de Ourense, destacou o acerto desta coincidencia xa que o Salón dos Actos Socias atraxo esta fin de semana a un perfil de cliente distinto, é dicir, parellas que están a preparar a súa voda e que buscan a súa primeira vivenda ou amoblar o seu primeiro fogar e, polo tanto, se convirten nos principais consumidores dos tres eventos. Unha coincidencia no tempo que se espera repetir xa que se demostrou que os tres salóns se apoian mutuamente.
Tanto o sábado coma o domingo os desfiles de traxes de comuñón, noivos e noivas foron seguidos por numeros público que non quixo perder a oportunidade de analizar as últimas tendencias.
Por otra banda, MI CASA e o Salón Inmobiliario pecharon hoxe tamén as súas portas en Expourense logo de nove días de intensa actividade no que un total de 80 expositores ofreceron os seus produtos e servizos, a maioría deles con prezos especiais de feira que motivaron a máis de 13.000 persoas a achegarse ata o recinto feiral para coñecer as últimas novidades en mobiliario para calquera parte da casa e produtos doutros sectores como menaxe, piscinas, decoración, descanso, antigüidades, iluminación, xardín, cristalería, reformas, chemineas, parquet, aparatos de limpeza, portas, etc. Moitos dos expositores ofreceron prezos especiais en feira, descontos importantes ou agasallos ó mercar algún dos seus produtos, o que supoñía nalgúns casos un aforro de ata o 30% con respecto a compra na tenda.
Os expositores ofreceron en MI CASA as últimas tendencias en deseño recollidas nos catálogos de 2009/2010, onde o cristal adquire un papel protagonista tanto en cociñas con encimeras de cristal templado, como en mobles para o baño e lavabos ou mesmo escaleiras interiores. Seguindo a moda, puideron atoparse tamén mobles auxiliares lacados en negro, prata ou dourados.
O presidente da Asociación de Comerciantes do Moble de Ourense, Xosé Antonio Pérez tamen mostrou a súa satisfacción en canto ao cumprimento dos obxectivos marcados nesta edición. Sinalou que a pesar do momento económico que estamos a vivir, os expositores puideron cubrir as súas metas. Por unha banda, aqueles que trouxeron ofertas moi agresivas consegurios facer negocio xa que aínda que a xente non tiña necesidades non deixou escapar as oportunidades que estes días se ofreceron na feira. E pola outra, as empresas que buscaban potenciar a súa marca e dar a coñecer os seus servizos conseguiron ampliar a súa cartilla de potenciais clientes a longo prazo.
Polo que respecta á segunda edición do Salón Inmobiliario, os visitantes pudieron coñecer a oferta en vivenda nova, de segunda man ou aluguer de toda Galicia e doutras zonas, primando a provincia de Ourense e a costa de Pontevedra cunha ampla oferta en lugares como Cangas ou Marín. Durante os nove días concretouse á venda de varias vivendas, se ben os expositores recoñecen que este salón está destinado a darse a coñecer e ofrecer as súas promocións entre un público interesado que poida concretar a venda a medio prazo. Neste salón puideron atoparse casas para restaurar a partir dos 5.000 euros e tamén novas urbanizacións en Ourense ou Allariz. Os expositores deste salón aseguran que, debido á baixada dos prezos polo exceso de construción sen vender e o baixo valor do Euribor, nunca foi mellor momento que agora para mercar unha vivenda.
A vindeira cita en Expourense será xa na ponte da Constitución coa celebración da décima edición de Megaxove, o Salón da Xuventude, que terá lugar entre os días 4 e 8 de decembro e no que os máis pequenos serán os protagonistas.