Triple cita en Expourense esta fin de semana. Ás feiras MI CASA e ó Salón Inmobiliario que se veñen celebrando dende o pasado sábado engádese Celebra, o Salón dos Actos Sociais, que abriu hoxe as súas portas e no que unha trintena de expositores están a presentar unha ampla oferta de produtos e servizos cos que dar resposta á complexa planificación de actos sociais como vodas, comuñóns, bautizos, reunións de empresas, presentacións e lanzamentos de novos produtos, etc. Eventos que requiren, todos eles, de anticipación para ter garantía de éxito.
A décima edición de Celebra contou coa visita do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínes que, acompñado pola concelleira de Comercio de Ourense, Ana Garza e polo presidente do Comité Asesor de MI CASA, Juan Carlos Parada, quenes destacaron a calidade e orixinalidade dos produtos ofrecidos polos expositores, procendentes todos eles de Galicia.
Celebra recolle unha decena de sectores salón no que a restauración e o catering teñen a maior representación xunto coa moda para cerimonias, a fotografía e o vídeo, as viaxes ou a animación e espectáculos e tamén teñen o seu espazo as empresas de aluguer de vehículos, imprenta, florerías, perruquería ou medios de comunicación especializados na organización de eventos.
Entre as actividades de hoxe destacou o obradoiro sobre “Estilismo para cerimonias, cómo conseguir a harmonía” impartido pola deseñadora e estilista da firma Acrescencia, Carmen Pichel e o desfile de traxes de noiva e noivo que, como é habitual, foi seguida por numeroso público que non quixo perder a oportunidade de analizar as últimas tendencias. O desfile foi ofrecido polas firmas “Cintya Vila” e “Noar Novias” que contaron coa colaboración doutras empresas ourensás como “Floristería Rafia”, “París Difusión Perruquería e Estética” e “Agencia Luena”.
A fonte de chocolate con golosinas e froitas foi outro dos atractivos da primeira xornada de Celebra e foron moitos os que non resistiron a tentación de probar este produto que xa comeza a verse en calquera tipo de evento social.
Unha voda, 20.000 euros de media
Celebra ofrece todo o necesario para organizar calquera evento, se ben son as vodas as que maior preparación precisan. Foron moitas as parellas que hoxe se achegaron ata o recinto para asesorarse.
O maior desembolso nun evento deste tipo adoita ser o banquete. O prezo medio do menú oscila ronda os 120 euros e a tendencia e que as vodas sexan cada vez menos multitudinarias e contar entre 120 e 150 convidados. Os restauradores presentes en Celebra afirman que en Galicia segue a trunfar “o menú tradicional de tres ou catro pratos de marisco, un peixe, unha carne, sorbete e dúas sobremesas. A nova cociña minimalista non adoita ter éxito neste tipo de eventos nos que a xente busca moitos pratos e en cantidades moi abundantes”, explican.
Polo que respecta aos traxes dos protagonistas do evento, regresa o estilo clásico e cada vez máis sinxelo, sexa voda relixiosa ou civil. O prezo medio dos vestidos de noiva oscila entre os 800 e os 2.500 euros e o do noivo ronda os 1.000. As frores para a cerimonia e os ramos de noiva adornados con plumas ou raso ou mesmo con frores liofilizadas son outro dos produtos que se poden ver no salón.
Celebra presenta varias opcións para contratar a viaxe de noivos. O Caribe segue a ser o destino preferido para os recén casados “que sobre todo buscan tranquilidade despois do estrés que supón organizar unha voda”, indican os expositores. Estos viaxes rondan os 2.500 euros por parella. A India, as Maldivas ou Australia son os destinos elixidos por aqueles que poden permitirse empregar ata 5.000 euros na viaxe.
A todo isto hai que engadir a reportaxe fotográfica e de video que ronda sobre os 1.500 euros e a animación. Celebra conta cunha ampla oferta nestes dous tipo de servizos. A tendencia agora é realizar un pre e unha post voda grabando imaxes dos noivos antes, durante de despois de casarse. Estes gastos veñen a sumar unha cantidade que ronda os 20.000 euros. Con todo, Galicia segue a ser das comunidades españolas máis baratas para casarse. Ocupa o posto número doce. A máis cara é Madrid con 24.115 euros de media e a máis barata Canarias con 18.350 euros.
Destaca neste salón a cantidade de expositores que ofrecen un servizo integral na organización de eventos, encargándose eles de buscar dende o lugar para a celebración ata elixir a múscia ou organizar a despedida de solteiro/-a.
CELEBRA, Salón dos Actos Sociais, convértese así unha cita onde os visitantes poden atopar solucións ás súas necesidades a través dunha variada selección de firmas nun só espazo.
Celebra continúa mañá domingo en horario de 11 a 14 e de 16 a 21 horas.
MI CASA e o Salón Inmobiliario
Pero como “o casado casa quere”, Expourense complementa a oferta do Salón dos Actos Sociais con Mi CASA e o Salón Inmobiliario que ata mañá permanecerán abertos de 11 a 21 horas en horario ininterrumpido.
O Salón Inmobiliario permite a posibilidade de mercar ou alugar unha vivenda nova ou de segunda man. Ourense, Allariz e a zonas da costa pontevedresa son as áreas que contan con maior oferta en feira.
MI CASA, Salón do Moble, Fogar e Antigüidades, continúa ser unha das citas que contan con maior fidelidade por parte do público que está aproveitando estes días para achegarse ata Expourense para benficiarse dos prezos especiais en mobiliario para calquera parte da casa e produtos doutros sectores como menaxe, piscinas, decoración, descanso, antigüidades, iluminación, xardín, cristalería, reformas, chemineas, parquet, aparatos de limpeza, portas, etc. Son moitos os expositores que ofrecen prezos especiais en feira, descontos importantes ou agasallos ó mercar algún dos seus produtos.
No marco de MI CASA, tivo lugar tamén hoxe o acto de entrega do premio do IV Concurso Final de Proxectos de Decoración patrocinado polo IGAPE e pola Obra Social de Caixagalicia e que ten o obxectivo de poñer en contacto ós futuros profesionais de deseño de interiores coas empresas provedoras e relacionadas coa decoración e orientalos ás demandas reais dos clientes. A gañadora foi Rebeca González, estudante da Escola de Arte Antonio Faílde que presentou o traballo “Cubo Branco”, un proxecto para converter un local do casco antigo de Ourense nunha moderna libreiría e sala de exposicións artísticas.
Mañá domingo rematan estas tres días de Expourense.