Inicio  >  Sociedad  >  Ferias

Prezos especiais en feira, calidade e as últimas tendencias, principais atractivos de MI CASA en Expourense

redacción GECG - 8/11/2009
Prezos especiais en feira, calidade e as últimas tendencias, principais atractivos de MI CASA en Expourense
Un dos momentos de visita das autoridades á xornada inaugural de MI CASA e do SALON INMOBILIARIO, en Expourense. REMITIDA.

'MI CASA é unha feira que demostra a profesionalidade, calidade, creatividade e innovación dos empresarios galegos do sector do moble e da decoración. Actividades coma estas axudan a dinamizar o comercio, reavivar a economía e activar o consumo'. Con estas palabras, a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro, daba por inaugurada a undécima edición de MI CASA, Salón do Moble, Fogar, Decoración e Antigüidades, e a segunda do Salón Inmobiliario que abriron hoxe as súas portas en Expourense ata o vindeiro domingo 15 de novembro.

A directora xeral destacou o esforzo realizado pola organización e pola Asociación de Comerciantes do Mobles de Ourense, ACMO, “para sacar adiante unha feira que axudará a dinamizar a actividade comercial no sector neste difícil momento económico”. Nava Castro expresou o apoio da Administración galega para axudar ás empresas a “utilizar as feiras como MI CASA como unha prolongación máis da actividade mercantil que desenvolven e que axudará á mellor promoción das empresas galegas facendo máis competitivos os seus produtos”.

MI CASA 2009 presenta as últimas tendencias en deseños, estilos e acabados coa participación de firmas adicadas tanto ó moble como ó interiorismo. Esta cita, xunto co Salón Inmobiliario, presenta unha oferta integral: dende a compra ou aluguer da propia vivenda, a constratación do seguro de fogar e ata todas as alternativas para decorar calquera parte da casa: cociña, baño, dormitorio, xardín, piscina, etc.

Dende a Asociación de Comerciantes do Moble de Ourense indican que “nunca foi mellor momento para mercar mobiliario. A crise obrigou ó comerciante a baixar os prezos e estamos a final do exercizo do ano. Para o que teña que mercar algo este é o mellor momento”.

O mobiliario volve ser o sector con maior representación nesta feira. Os expositores ofrecen en MI CASA as últimas tendencias en deseño recollidas nos catálogos de 2009/2010, onde o cristal adquire un papel protagonista tanto en cociñas con encimeras de cristal templado, como en mobles para o baño e lavabos ou mesmo escaleiras interiores. Seguindo a moda, poden atoparse tamén mobles auxiliares lacados en negro, prata ou dourados. Os 80 expositores de MI CASA contan con prezos especiais en feira que poden supoñer un aforro de ata o 30% con respecto a compra na tenda.

Outros sectores que tamén están representados nesta feira son as antigüidades, iluminación, alfombras, xardín, cristalería, reformas, chemineas, parkets, aparatos de limpeza, portas, menaxe, piscinas, decoración ou descanso.

Así, os visitantes a Mi Casa teñen a opción de coñecer ós distintos estilos vixentes no mercado que se atopan concentrados nun único espazo; comprobar e comparar as distintas ofertas, características e prezos en numerosos subsectores; beneficiarse de prezos especiais que os expositores promoven en feira; atopar un produto diferente.

Para facilitar a asistencia de público MI CASA e o Salón Inmobiliario contarán cun amplo horario, xa que ambas as dúas feiras estarán abertas durante 9 días consecutivos, sábados e domingos en horario ininterrompido de 11 a 21 horas e de luns 9 a venres 13 de 17 a 21 horas.

 

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com