Inicio  >  Sociedad  >  Ferias

A Feira do Moble, Fogar, Decoración e Antigüidades celebrarase en Expourense do 7 ó 15 de novembro de xeito paralelo ó Salón Inmobiliario.

MI CASA, nove días para elixir cómo amoblar e decorar o seu fogar

VM - 5/11/2009
MI CASA, nove días para elixir cómo amoblar e decorar o seu fogar
O xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e os organizadores do salón. REMITIDA.

De carácter bienal, regresa ó calendario feiral de Expourense MI CASA, Salón do Moble, Fogar, Decoración e Antigüidades, que celebra a súa undécima edición entre os días 7 e 15 de novembro de 2009. Organizada en colaboración coa Asociación de Comerciantes do Moble de Ourense (ACMO), MI CASA 2009 presentará as últimas tendencias en deseños, estilos e acabados coa participación de firmas nacionais e internacionais adicadas tanto ó moble como ó interiorismo.

Celebrada de forma conxunta coa segunda edición do Salón Inmobiliario, ambas as dúas citas contarán con 8.000 metros cadrados de superficie ocupados por 80 expositores. O mobiliario volverá ser, sen dúbida, o sector con maior representación nesta feira, seguido polo menaxe, piscinas, decoración ou descanso. Outros sectores que tamén estarán representados nesta feira serán antigüidades, iluminación, xardín, cristalería, reformas, chemineas, parkets, aparatos de limpeza, portas, etc.

O compromiso fiel do público a esta cita (15.000 visitantes en 2007), fai que MI CASA chegue este ano a celebrar o seu 11º aniversario co obxectivo de cubrir as expectativas de miles de visitantes chegados dende distintos puntos de Galicia, norte de Portugal e outras comunidades limítrofes.

Así, os visitantes a Mi Casa terán a opción de coñecer ós distintos estilos vixentes no mercado que se atoparán concentrados nun único espazo; comprobar e comparar as distintas ofertas, características e prezos en numerosos subsectores; beneficiarse de ofertas especiais que os expositores promovan en feira; atopar un produto diferenciado con respecto ó seu contorno inmediato e contar cun amplo horario de visita durante 9 días consecutivos de sábado a domingo, que facilitarán o acceso á exposición.

ACMO

MI CASA organízase de forma conxunta coa Asociación de Comerciantes do Moble que unha vez máis mostraron o seu decidido apoio a esta cita xa que ven nela unha magnífica oportunidade para fidelizar aos seus clientes e para contactar con aqueles que proceden de lugares fóra da súa área de influencia. A aposta do sector comercial do moble por unha boa relación calidade-prezo non deixará indiferentes a estes visitantes.

Estarán presentes en MI CASA as principais firmas do moble da provincia, aínda que tamén haberá espazo para expositores procedentes doutras partes de Galicia, España e Portugal.

A ACMO está integrada na actualidade por 125 empresas de toda a provincia, que dan emprego a máis de 1.200 persoas. Máis do 80% das mesmas son pemes ou microempresas moi especializadas e competitivas a nivel de innovación e calidade, tal e como se poderá comprobar cos produtos que ofrecerán na feira.

II Salón Inmobiliario

Como complemento a MI CASA, celébrase a segunda edición do Salón Inmobiliario, unha feira que pretende servir de punto de encontro entre as inmobiliarias e os potenciais compradores. Organízase este salón co obxectivo de impulsar o mercado inmobiliario. Neste salón haberá espazo para promotoras, inmobiliarias e seguros do fogar.

Horario

Para facilitar a asistencia de público MI CASA e o Salón Inmobiliario contarán cun amplo horario, xa que ambas as dúas feiras estarán abertas durante 9 días consecutivos, sábados e domingos en horario ininterrompido de 11 a 21 horas e de luns 9 a venres 13 de 17 a 21 horas.

Programa de actividades

- IV CONCURSO DE PROXECTOS FINAIS DE DECORACIÓN
 
Con motivo de poñer en contacto ós futuros profesionais de deseño de interiores coas empresas provedoras e relacionadas coa decoración e orientalos ás demandas reais dos clientes, Expourense convoca a cuarta edición deste concurso no marco de MI CASA. Aberto a todos os estudantes das distintas escolas de decoración de Galicia, repartirá tres distincións, acompañadas de premios en metálico para os proxectos seleccionados.
 
Este concurso está patrocinado polo Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE e pola Obra Social Caixagalicia. Colabora a Escola de Arte Antonio Faílde. A entrega de premios terá lugar o sábado 14 de novembro.
 

- III XORNADA DE DIVULGACIÓN SOBRE ENERXÍAS RENOVABLES
 
De xeito paralelo e complementario o salón, terá lugar unha xornada cuxo principal obxectivo é difundir entre a sociedade as posibilidades de mellora das prestacións, da habitabilidade e do confort de edificios e vivendas a través da redución do consumo e do emprego de fontes de enerxías limpas en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense. Será o martes 10 de novembro ás 19.00 horas.
 


- CONFERENCIA SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS:

O luns 9 de novembro ás 220.00 horasimpartirase unha conferencia sobre a prevención de riscos laborais no sector do moble. Colabora nesta xornada a Dirección Xeral de Relacións Públicas da Consellería de Traballo e Benestar.
 
- ACTIVIDADE PERMANENTE:
 
Exposición de pintura “CRÓNICA DE OURENSE II” de Antonio González García.

 

 
Buscar en GECG
Sobre esta información...
Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Consultoria Empresarial
pulse aquí para descargar PDF
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com